26/06/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
Distribución definitiva das Ligas de División de Honra Masculina e Feminina. (ver División de Honra e 1ª División)
Proposta de distribución de Grupos da Liga de Primeira División Masculina. Para suxestións porse en contacto con Carlos de Benito, Director de Competicións da Real Federación Española de Tenis de Mesa.
26/06/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
Resultados da primeira xornada dos Campionatos de España de Xóvenes (ver aquí).
26/06/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
Arranxado o enlace para ver os resultados en Internet Explorer. En Mozilla Firefox xa se vía.
Resultados e clasificacións do XVI Campionato Galego Alevín (ver aquí)
25/06/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
Cara e cruz para as Seleccións Galegas Infantís e Cadetes desprazadas a Avilés para participar no Campionato de España de Xóvenes, de Seleccións Territoriais.
A cara foi para as seleccións masculinas que gañaron todos os encontros que disputaron.
A cruz foi para as seleccións femininas que non conseguiron impoñerse en ningún dos encontros que xogaron.
Os resultados foron os seguintes:
CADETE MASCULINO CADETE FEMININO
Galicia / Asturias (3/0) Galicia / Cataluña (1/3)
Galicia / La Rioja (3/0) Galicia / Andalucía (0/3)
INFANTIL MASCULINO INFANTIL FEMININO
Galicia / Castilla e León (3/0) Galicia / Asturias (1/3)
Galicia / La Rioja (3/0) Galicia / Aragón (1/3)
A Selección Infantil Masculina xa está clasificada para a Fase Final, quedando soamente por decidir, no enfrontamento que lle queda contra Cataluña, quen pasa de primeira ou segunda de grupo.
Pola súa banda, a Selección Cadete Masculina ten que enfrontarse aínda á de Extremadura e o País Vasco, esperando, salvo
desastre, que poida impoñerse a algunha delas, e clasifíquese igualmente para a seguinte fase.
En canto ás seleccións femininas remataron de disputar todos os encontros dos seus respectivos grupos, quedando
eliminadas da Fase Final.
24/06/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
Resultados e clasificacións do XVI Campionato Galego Alevín (ver aquí)
16/06/2008 - XUNTA DIRECTIVA DA FGTM
A Xunta Directiva da FGTM, aínda que con algún atraso (polo que pedimos desculpas), queremos felicitar a A.D. Vincios polo Ascenso á Liga de Superdivisión Masculina, acompañando ao Arteal T.M. a próxima tempada na máxima categoría do tenis de mesa español. (ver nota do Club)
16/06/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
Resultados e clasificacións do XXI Campionato Galego Infantil e I Campionato Galego Cadete (ver aquí).
16/06/2008 - A.D. VINCIOS
Díptico do III Torneo Internacional 24 horas - A.D. Vincios (picar aquí)
Cartel do Torneo (ver aquí)
16/06/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
Este Comité de Actividades seguindo co criterio de abrir debates sobre cuestións importantes que afecten dunha maneira significativa á competición da próxima tempada, e tendo en conta que, proximamente teremos unha reunión coa Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, para tratar dos Campionatos en Idade Escolar da tempada 2008/2009; quixésemos coñecer a opinión de todos os estamentos que compoñen a Federación Galega, para que, por unha banda, saibamos os acertos e erros cometidos este ano, e pola outra, as achegas e suxestións que cada un estime oportuno presentar para mellorar esta competición.
Reforma da proposta presentada (Proposta Comité de Actividades)
Os escritos pódense enviar ao fax: 981397069, ou aos E-mail: escolaresFGTM@terra.es , antoniolasen@telefonica.net.
10/06/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
Ranking do Circuíto Galego actualizado co X Campionato Galego Benxamín (ver aquí)
05/06/2008 - COMITÉ TÉCNICO
Aviso importante
Ao cambiar de operador
telefónico, os E-mail:
comiteactividades@ya.com e
antoniolasen@ya.com quedan anulados.
Sendo substituídos polos seguintes:
Polo tanto, calquera comunicación ou inscrición que se remita desde este momento terá que enviarse a través dos mencionados correos.
Para evitar malos entendidos, informamos que a liña corresponde ao Club Narón de Tenis de Mesa, que nos cede a súa utilización.
05/06/2008 - COMITÉ TÉCNICO
Campionato de España de Seleccións Territoriais Infantís e Cadetes (ver a circular 21).
03/06/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
XVI Campionato Galego Alevín (ver a circular 20 e o formulario de inscrición).
Recórdase que na reunión da Asemblea Xeral Ordinaria da F.G.T.M. do ano 2007 tomouse o acordo seguinte:
Un xogador@ alevín poderá aliñarse noutro club, sempre que no seu, non haxa outr@s xogador@s benxamíns/alevíns con licenza en vigor.
13/05/2008 - ESCOLA GALEGA DO DEPORTE
A Dirección Xeral para o Deporte, a través da Escola Galega do Deporte, ten a competencia de promover a formación deportiva dos técnicos e adestradores ata que se desenvolvan as ensinanzas oficiais da súa modalidade deportiva
Neste marco, a Escola Galega do Deporte
organiza o Bloque común do Curso de Técnicos e Adestradores Deportivos
de Nivel I. Iníciase así o itinerario formativo que, unha vez completado
co Bloque específico e as Prácticas que oferten as distintas Federacións
deportivas galegas, permite acadar o título de Adestrador/ra deportivo
de nivel I.
Durante o ano 2008 están programados cursos antes do verán e a partir do
mes de outubro, de xeito que as persoas interesadas poidan programar a
súa formación acordes coa súa disponibilidade laboral e deportiva.
(Programa Curso Técnicos Nivel I) (Ficha de Inscrición Curso Técnicos Nivel I)
13/03/2008 - COMITÉ DE ACTIVIDADES
Mais opinións sobre o proxecto de reforma das ligas galegas (pinchar aquí)
Pódense enviar ao fax: 981397069, ou aos E-mail: comiteactividades@ya.com, antoniolasen@ya.com.
COMITÉ DE ACTIVIDADES
CIRCUÍTO GALEGO
Petición e concesión de datas para os Torneos Galegos dentro do ano 2008:
11 de agosto - Torneo Festas Patronais de Monforte
23/24 de agosto - Torneo de Verán de Cangas
30/31 de agosto - XXXII Torneo do Albariño
6/7 de setembro - II Memorial Xaime López
13/14 de setembro - IX Torneo Cidade de Narón
21/21 de setembro - X Torneo de Monte Porreiro
27/28 de setembro - VIII Torneo Aberto Concello de Gondomar
04/05 de outubro - 7º Torneo Cidade da Coruña